O vento en Galicia
Galicia consome o 63% da enerxía eléctrica total que produce. O parque eólico galego cobre o 21% do consumo doméstico. O parque de enerxías renovables, incluíndo a enerxía hidráulica e solar, cobre o 52% da demanda da comunidade.

O vento en Galicia /

O potencial eólico

Galicia, pola súa situación xeográfica, é unha zona óptima para a instalación de parques eólicos. Aínda que os meteorólogos recollen datos de vento para as súas previsións e para aviación, e esa información é, a cotío, empregada para avaliar a idoneidade dun área determinada, non basta para a súa catalogación eólica. Con este fin se realizan estudios específicos por parte dos promotores.

As velocidades do vento están fortemente influenciadas pola rugosidade da superficie da área circundante, polos obstáculos próximos (como árbores, faros u outras construcións) e polos arredores do terreo. Na maioría dos casos, a utilización directa de datos meteorolóxicos subestimará o potencial eólico real da área.

Función de distribución de frecuencia de velocidad
Función de distribución de frecuencia de velocidad

A causa do movemento do aire é o desenvolvemento de diferenzas de presión dentro da atmosfera; estas, en último termo, son consecuencia da radiación solar recibida pola terra: A atmosfera funciona como unha xigantesca máquina térmica na que a distinta temperatura existente nos polos e o Ecuador proporciona a enerxía necesaria para a circulación atmosférica.

Preto do Ecuador, a baixa atmosfera quéntase e se eleva, creando unha baixa presión que succiona vento de ambos hemisferios (Zona de Converxencia Intertropical). Esta zona de baixa presión está, na media, próxima ó Ecuador, lixeiramente desprazada cara ó hemisferio Norte; nela os ventos son lixeiros do leste ou do oeste. A ámbolos dous lados desta zona de baixas presións sopran os alisios, de compoñente leste. Trátase de ventos moi constantes que converxen cara ó Ecuador. Esténdense aproximadamente ata os 30° de latitude norte e sur.

Sobre os 30° no hemisferio Norte, prodúcense as altas presións tropicais. Estes anticiclóns desprázanse algo cara o norte durante o verán e cara o Ecuador durante o inverno. Nestas áreas os ventos son moi débiles. Desta zona de altas presións diverxen tanto os alisios como os ventos do oeste das latitudes medias.

Dende a rexión de altas presións tropicais hasta preto dos círculos polares dominan os ventos do oeste, moito menos constantes cos alisios, tanto en dirección como en intensidade. Ademais, vénse afectados na súa traxectoria polos núcleos de alta e baixa presión que viaxan xeralmente en dirección leste. No hemisferio Norte aparecen influídos tamén polas formas irregulares dos continentes, mentres que no hemisferio Sur son máis fortes e de dirección máis constante. Nas rexións polares os ventos ó nivel do chan teñen tendencia nordeste (no hemisferio Norte).

Todas estas zonas desprázanse sobre os océanos segundo as estacións: Cara ó norte en verán, cunha diferenza duns 10º en latitude. Fora dos océanos, os ventos dominantes son menos esquemáticos, especialmente entre África e Asia.

A Península Ibérica atópase durante a maior parte do ano dentro da zona de ventos do oeste das latitudes medias do hemisferio Norte, no seu límite meridional. Os ventos ibéricos vénse moi influídos, por tanto, polo desprazamento estacional da zona de altas presións subtropicais. En verán, ó moverse estas cara ó norte, a Península queda fora da zona de ventos do oeste polo que, durante esta estación, prodúcese un descenso da intensidade.

O réxime de ventos en Galicia está definido pola circulación global atmosférica e polos efectos locais xerados pola complexidade orográfica do seu terreo. Son características dúas situacións:

1. En inverno, a entrada de frontes procedentes do océano Atlántico no noroeste peninsular orixina ventos de dirección suroeste, que son constantes e enerxéticos.
2. En verán, o anticiclón céntrase nas illas Azores, de onde toma o seu nome, e entra en forma de cuña en Galicia, orixinando ventos de dirección nordeste. En xeral soen ser suaves, aínda que en ocasións moi enerxéticos.

Asociación Eólica de Galicia
¿Quere saber máis de nós?  
c/ Hórreo, 44 - 3º - 15702 Santiago de Compostela - España
Teléfono: 00 34 981 587 515 Fax: 00 34 981 555 380
Web design by Serviweb