Datos do sector
A eólica é unha variable da enerxía solar. O sol quenta máis o aire que está sobre a terra que o que está sobre o mar. Entón expándese e se eleva, diminuíndo así a presión sobre o terreo e facendo que o vento sopre desde o mar cara á costa.

Datos do sector /

Territorialización do investimento

Para establecer a repercusión do subsector eólico no produto interior bruto (PIB) e nas distintas modalidades de creación de emprego debemos discernir entre os gastos que se realizan en Galicia e aqueles que repercuten directa e exclusivamente noutras economías.

1. A repercusión do investimento na posta en funcionamento supón un 73,54% na economía galega.

a) A obra civil completa, que supón aproximadamente o 7,58% da inversión total.
b) Unha achega do 4,71% da infraestrutura electromecánica e do reforzo da rede eléctrica, que se materializa na retribución da man de obra e a maquinaria, e na adquisición de celas eléctricas que se fabrican na comunidade.
c) O 58,64% supón a contribución do aeroxerador á parte que se queda en Galicia. Os compoñentes que se fabrican aquí representan o seguinte reparto sobre o total da máquina:
i. O 18% corresponde á torre.
ii. O 20% ás pas.
iii. O 14% atribúese a transporte, grúas e montaxe no campo.
iv. O 10% é imputable á góndola.
v. O 11% corresponde á multiplicadora.
vi. O 19% destínase á ensamblaxe e outros gastos que se poden atribuír a compañías galegas en distinta porcentaxe, segundo o tecnólogo de que se trate.
vii. O 8% constitúe a porcentaxe que non se pode imputar a Galicia.

d) A partida doutros gastos supón o 2,67% do costo total do parque.

2. A repercusión dos gastos de explotación.

A vida útil dos parques, aproximadamente vinte años, pode ser prolongada de realizar unha renovación tecnolóxica nas pezas máis sensibles. Esta renovación non só ten sentido cando o desgaste ou o uso reducen o rendemento da instalación, senón tamén cando xorden novas solucións tecnolóxicas susceptibles de incrementar o rendemento no proceso de xeración. Estas pezas máis sensibles ó desgaste ou á innovación son a multiplicadora, o xerador e as pas. No seu conxunto supoñen entre un 35 e un 40% do investimento de cada aeroxerador, e todas elas se fabrican tamén en Galicia.

Os cálculos actuais indican ca renovación íntegra dos compoñentes que suman ese espectro entre o 35 e o 40% do muíño efectuase cada catorce ou quince anos. Iso significa cun parque ben conservado necesita recibir un investimento de reposición equivalente ó 65% de costo total dos seus muíños, cada vinte anos. Empresas como Tegsa, encargada de producir as multiplicadoras para Gamesa, e algunha fábricas de pas existentes na nosa comunidade (Fiberblade, LM Composites Galicia S.L., Ecotecnia Galicia) teñen nesta reposición un notable mercado.

3. Repercusións na economía de Galicia

O investimento requirido para o mantemento e instalación repercute en grande medida na economía galega. Podemos valorar esa parte do investimento no 82% do montante total da mesma. Esta porcentaxe distribúese entre os dous apartados anteriores de forma tal que:
- A posta en funcionamento dun parque, que cifráramos en 993.175 euros por megavatio instalado, repercute sobre a economía local nun 73,54%.
- Os gastos de explotación durante a vida útil dunha instalación ascenden a 23.982,72 euros anuais. Polo tanto precísase investir 479.940 euros para manter en funcionamento un parque eses vinte años útiles, cantidade que recae integramente sobre a economía galega.

En resumen, precísanse 1.473.115 euros por megavatio instalado para pór en funcionamento o parque eólico galego tipo e para a súa explotación durante os vinte anos nos que se estimou a súa vida operativa. O investimento citado repercute sobre a economía galega na porcentaxe anteriormente indicada do 82,16%.

Asociación Eólica de Galicia
¿Quere saber máis de nós?  
c/ Hórreo, 44 - 3º - 15702 Santiago de Compostela - España
Teléfono: 00 34 981 587 515 Fax: 00 34 981 555 380
Web design by Serviweb