Datos do sector
Moitos operarios das subestacións cursaron estudios do segundo ciclo de Formación Profesional, nas ramas de Electrónica, Electricidade, ou a recente Mantemento Industrial e Enerxías Renovables.

Datos do sector /

O sector enerxético en Galicia

Galicia conta cun sistema enerxético moi equilibrado, cun elevado valor estratéxico, tal e como reflicte a súa considerable achega do 8% ó Produto Interior Bruto (PIB). Este segmento económico e empresarial é unha das principais fontes de emprego: 10.500 postos de traballo directos e máis de 22.000 indirectos, o que pon de manifesto a importancia deste tecido industrial e de servizos.

O parque de xeración de enerxía eléctrica  en Galicia no ano 2006 representa o 10,9% do total de España. Contribúe desta maneira co 19,5% de potencia instalada no segmento de enerxías renovables, se se inclúe a grande hidráulica, e co 21,7% se non se considera.

España (MW)

Galicia (MW)
% Galicia fronte ao total de España
Centrais en réxime ordinario      
Hidráulica
Nuclear
Carbón
Fuel/Gas

            17.004
              7.597
            10.982
            26.786

    2.876
     0
     1.946
      539

  16,9
   0
  17,7
   2,0

Total réxime ordinario

            62.369

     5.361

  8,6

Centrais en réxime especial      
Non renovables
Solar
Eólica
Hidráulica
Biomasa
Residuos

            6.466
            95
            11.125
            1.771
             527
            589

        522
       1,98
       2.621
       412
        50
        67

   8,1
   2,1
    23,6
    23,3
    9,5
    11,4

Total réxime especial

          20.571

         3.647

   17,9

Total

         82.940

       9.035

  10,9


Estas cifras e o estudio comparativo da superficie e da poboación galega en relación coa española amosan que esta comunidade ocupa un espazo estratéxico nun sector esencial para o desenvolvemento dun país. Unha análise detallada dos 9.035 MW de potencia instalada nas catro provincias galegas reflicte a importante segmentación das tecnoloxías implantadas para facilitar e pór no mercado enerxía para o consumo.

Para a produción en réxime ordinario, Galicia conta con instalacións hidráulicas e térmicas e, no caso do réxime especial, con instalacións de coxeración, eólicas, mini hidráulicas, de biomasa e de residuos.

Dispón dunha grande capacidade para transformar enerxía. Isto quere dicir que a súa infraestrutura transformadora produtiva non só actúa sobre os recursos propios, senón tamén sobre os produtos primarios procedentes del exterior, incluídos os refinados do petróleo. Galicia posúe un sistema de produción enerxética sólido e diversificado, capaz de responder plenamente á demanda do mercado actual.

España (MW)

Galicia (MW)
% Galicia fronte ao total de España
Centrais en réxime ordinario      
Hidráulica
Nuclear
Carbón
Productos petrolíferos
Gas natural

2.178
5.171
5.784
1.485
5.695

572
0
1.103
64
0

26,3
0
19,1
4,3
0

Total réxime ordinario

20.313

1.739

8,6

Centrais en réxime especial      

Gas natural
Productos petrolíferos
Carbón
Hidráulica
Eólica

Biomasa, residuos                              

Solar fotovoltaica

2.070
564
44
359
1.980

718

15

71
90
0
106
533

51

0

3’4
16’0
0,0
29’5
26’9

7,1

1,3

Total réxime especial

5.749

851

14,8

Total xeración eléctrica bruta

26.062

2.590

9,9

Xeración eléctrica de orixe renovable

5.250

1.262

24’0

Xeración eléctrica con carbón

5.828

1.103

18’9

A tendencia á importación de enerxía primaria enfatizouse a partires do 31 de decembro de 2007, momento no que os lignitos de Meirama e As Pontes deixaron de explotarse, e as súas centrais continuan a traballar con carbón importado. No caso Endesa en As Pontes, unha central de ciclo combinado de nova construcción emprega como combustible gas natural para producir 770 MW que complementen a electricidade xerada pola central térmica.

A estratexia seguida polo Goberno de Galicia é intentar non incrementar esa dependencia impulsando o desenvolvemento, a instalación e o uso das fontes renovables, fomentando un escenario que cumpre as recomendacións xurdidas tralo cumio de Kioto. A xestión dos recursos enerxéticos dun país é un factor clave para a súa expansión empresarial e, polo tanto, na súa actividade económica. Por iso, en consonancia co desenvolvemento sostible, é función das políticas públicas a busca dun balance equilibrado entre crecemento económico e respecto ó medio.

Os avances tecnolóxicos asociados á evolución da sociedade repercuten nunha demanda crecente da enerxía. Isto deriva nunha necesidade de mellora das infraestruturas enerxéticas de xeración, transporte e distribución. Por outra banda, os importantes impactos ambientais asociados ó sector esixen tamén o desenvolvemento de políticas enerxéticas que consideren este aspecto como estratéxico. Desta maneira, deben buscarse solucións de compromiso para asegurar a consecución simultánea de ambos obxectivos: Seguridade no subministro e diminución do impacto ambiental do ciclo enerxético, fundamentalmente para acadar os obxectivos do Protocolo de Kioto.

Parte da solución sería compatibilizar o impulso das fontes renovables coas convencionais, introducindo, neste último caso, métodos de eficiencia, que limiten a súa capacidade contaminante para cumprir cos recentes compromisos medioambientais.

A importancia das enerxías convencionais compróbase na achega dos combustibles fósiles á enerxía primaria que en Galicia se transforma, a cal se sitúa moi cerca do 86%. A escala mundial, os produtos enerxéticos de orixe fósil superan o 80% da enerxía primaria. Isto constata claramente co transporte, xunto coa enerxía dirixida a producir calor e electricidade, son os principais ámbitos de consumo dos combustibles fósiles.

Asociación Eólica de Galicia
¿Quere saber máis de nós?  
c/ Hórreo, 44 - 3º - 15702 Santiago de Compostela - España
Teléfono: 00 34 981 587 515 Fax: 00 34 981 555 380
Web design by Serviweb