Datos do sector
A enerxía eólica non se acumula. Nun día de máxima produción nos parques, enerxías que si poden ser controladas, como a térmica, reducen a súa xeración e lle dan preferencia para sacar máis rendemento a unha fonte renovable e limpa.

Datos do sector /

Repercusión socioeconómica

A instalación dun parque eólico reporta beneficios económicos e sociais, non só á empresa promotora, sino tamén ó entorno, tanto ós propietarios dos terreos como ós operarios empregados nos distintos complexos eólicos, xerando un importante número de postos de traballo directos e indirectos.

O sector eólico representa en 2008 o 1,2% do PIB galego, situándose case á mesma altura da industria láctea, a pesca (desagregada da conserva), e a construción naval. Impulsada por un investimento que representa o 1,65% da inversión total realizada en Galicia, e por un ritmo de creación de empregos estruturais directos do 12%, a xeración eólica vai camiño de converterse nun referente importante da economía galega.

Os mellores emprazamentos eólicos obteñen unha media de funcionamento de 2.530 horas equivalentes anuais en toda España. A devandita media sube en Galicia ás 2.830 horas, alcanzada con algúns parques que superan as 3.000 horas/ano de xeración efectiva. As alternativas para superar as novas metas pasan por procedementos que encarecen a produción e dificultan o proceso, como o repowering, a optimización dos parques actuais coa substitución dos aeroxeradores existentes por outros de maior potencia e eficiencia.

A enerxía eólica comeza a representar unha solución para afrontar o incremento do consumo sen encomendar ese reto a novos esforzos na xeración convencional. O contexto é propicio para as inversións. A opinión pública amósase maioritariamente a favor desa forma de xeración eléctrica, e os beneficios transcenden o puramente económico. Por iso se trata dunha oportunidade singular e importante para a economía galega, na que se dan as condicións máis vantaxosas de produción. De aí que a política eólica se deba realizar sobre a base dun modelo estruturalmente sólido e estable.

Asociación Eólica de Galicia
¿Quere saber máis de nós?  
c/ Hórreo, 44 - 3º - 15702 Santiago de Compostela - España
Teléfono: 00 34 981 587 515 Fax: 00 34 981 555 380
Web design by Serviweb