Datos do sector
Moitos operarios das subestacións cursaron estudios do segundo ciclo de Formación Profesional, nas ramas de Electrónica, Electricidade, ou a recente Mantemento Industrial e Enerxías Renovables.

Datos do sector /

Promotores

Localización

Os principais promotores de parques eólicos de Galicia son os membros de EGA, é dicir: Acciona Energía, Endesa Cogeneración y Renovables, Enel Unión Fenosa Renovables, EASA Energías Ambientales, Eólica Galenova, Enerfín, Eurovento, Fergo Galicia, Gamesa, Isolux Watt, Norvento, Vestas, Somersa e Sotavento.

Ó tempo que promotores de parques, son tamén impulsores de fábricas de compoñentes, xa que os seus plans eólicos estratéxicos levan parellos os seus correspondentes plans industriais. Ó amparo destes formouse en Galicia un poderoso sector de fabricación que, alcanzada a súa madurez, non só sirve ás sociedades que propiciaron o seu nacemento, senón que agora tamén exporta tanto para estas como para outros clientes.

Cada promotor asociado a EGA garante a realización de inversións en Galicia, co fin de optimizar a repercusión da súa actividade na economía rexional. Deste modo, ó menos un 70% dos bens e servizos que se precisan para por un parque en xeración proceden da empresa galega.

Gamesa Eólica

Xunto ó indicado compromiso, un plan empresarial ten outros dous principios básicos: Un programa de investigación eólica con áreas vinculantes e un programa de inversións. Todo iso, co horizonte temporal de 2010, e cunha potencia inicialmente prevista de 4.000 megavatios elevados en 2005 ata os 6.500 megavatios. Este incremento permite manter o obxectivo de que Galicia teña o 25% da potencia instalada en España e o 30% da enerxía xerada.

A promoción eólica na comunidade autónoma réxese polos decretos 302/01 e 513/05. En virtude do disposto, hai unha primeira fase de admisión de solicitudes, xa que existen límites anuais de potencia; en 2005, non se realizou a pertinente convocatoria, polo que o sector vive certa ralentización que se traslada tamén ó tecido de fabricantes.

A media de tempo que se consume en instalar un parque alcanza os vinteseis meses e medio, dos que só oito corresponden á obra, mentres que o resto se ocupa na tramitación administrativa. O promotor ha de presentar á Xunta os seguintes documentos: Proxecto de execución, estudio de impacto ambiental, garantía de evacuación e proxecto sectorial.

Ademais, o promotor aportará a relación de bens afectados indicando a existencia de acordos cos propietarios dos mesmos. Para dispor da superficie precisa, cabe o aluguer por trinta años ou compra, segundo os casos. Para aqueles predios de propietarios descoñecidos ou dubidosos, así como para o suposto de desacordos, queda a expropiación, se ben a media galega de entendemento sube ó 96%.

Todo o procedemento indicado complétase coa solicitude de: Autorización administrativa e aprobación de proxecto, declaración de impacto ambiental, aprobación do proxecto sectorial, acollida do réxime especial e, finalmente, declaración de utilidade pública.

A promoción eólica é un sector moi intensivo en capital, polo que a obtención de financiamento constitúe unha tarefa moi relevante. Aproximadamente, cada megavatio instalado require o desembolso dun millón de euros.

Estas características xa marcan o perfil das empresas promotoras: Han de ser sociedades expertas no sector enerxético, solventes, comprometidas co medio natural e con elevada cultura de responsabilidade social corporativa.


Asociación Eólica de Galicia
¿Quere saber máis de nós?  
c/ Hórreo, 44 - 3º - 15702 Santiago de Compostela - España
Teléfono: 00 34 981 587 515 Fax: 00 34 981 555 380
Web design by Serviweb