Datos do sector
A eólica é unha variable da enerxía solar. O sol quenta máis o aire que está sobre a terra que o que está sobre o mar. Entón expándese e se eleva, diminuíndo así a presión sobre o terreo e facendo que o vento sopre desde o mar cara á costa.

Datos do sector /

Emprego

Segundo datos da Asociación Eólica de Galicia, o emprego directo xerado polas empresas que a integran durante 2004 foi de 2.200 postos. A esa cifra hai que engadirlle os postos indirectos beneficiados coa construción dos parques eólicos. Estímase que a construción dun parque de vinte megavatios soe consumir unhas 120.000 horas de traballo. Por emprego indirecto entendemos as persoas que traballan fabricando compoñentes de aeroxeradores, e os involucrados na instalación dos mesmos en todo o mundo.

Para establecer a forma na que o conxunto de actividades ligadas á xeración eólica repercute no emprego directo e indirecto que se crea en Galicia debemos distinguir a fase de construción e posta en funcionamento, máis variable, das etapas de explotación e fabricación de compoñentes, con tendencia á alza:

2000
2001
2002
2003
2004
Posta en funcionamento Exlotación
Industria
204
207
723
965
348
807
792
465
804
499
534
815
204
566
896
Total
1.134
2.120
2.061
1.848
1.666

Diciamos no epígrafe anterior que, do investimento total nun parque eólico, o 73,54% que repercute na economía galega corresponde ós gastos da posta en funcionamento. Esta porcentaxe tradúcese na creación de 51 postos de traballo conxunturais- un ano de instalación- por cada parque de 23,2 MW. O emprego xerado nos costos de explotación é menor neste caso, xa que non supera os 7,25 traballadores por cada unidade de xeración da mesma potencia.

No período 2000-2005 detectouse un pico máximo de emprego en 2001 -2.120 postos de traballo-. A partir dese momento rexistrouse un descenso paulatino, debido á diminución da actividade de construción, que é un factor conxuntural, xa que depende do número de parques que se instalen cada ano. Iso tamén significa que, se se poñen en marcha os proxectos necesarios para acadar as previsións contidas na reforma do Plan Enerxético Nacional e se Galicia mantén o obxectivo de situarse por enriba do 30% da produción eólica española, as cifras de emprego conxuntural dispararanse de forma notable entre 2006 e 2010, para despois manter unha tendencia estable ou lixeiramente á baixa ata 2020.

 

Vestas

 Ó falar de postos de traballo creados nos referimos a emprego continuo ó longo do ano, é dicir, o equivalente a postos de traballo fixos. Un compoñente importante desa ocupación débese a un factor conxuntural, polo que o emprego real creado é superior, situándose nun 24,91% máis do establecido.

En 2010 estímase a creación de ó redor de 3.300 postos de traballo estruturais en Galicia. A esta cifra deberemos engadir o emprego conxuntural derivado da renovación tecnolóxica dos parques.

Para calcular o traballo indirecto que xera o sector nos baseámonos en estudios realizados para o cálculo de empregos indirectos en economías de tamaño medio, medidas en termos de PIB per cápita. En dichos estudios estableceuse o emprego indirecto por cada posto directo creado para diversos sectores. A este respecto, hai tres sectores clave para o seu comentario:

- A construción: Xera por cada emprego directo 1,54 indirectos. Este índice axúdanos a determinar a ocupación indirecta no campo eólico xerado na fase da posta en funcionamento dun parque. Case todo o emprego suscitado durante esta fase se relaciona co referido sector, sexa a obra civil, sexa a subestación eléctrica, sexa o tendido de liñas, sexa a montaxe no campo dos muíños.
- O cálculo da ocupación indirecta derivada da explotación do parque podémolo realizar a partir do índice determinado para o sector de actividades inmobiliarias, empresariais e de aluguer, que estipula a formación de 1,47 empregos indirectos por cada un directo. A elección deste campo obedece a que podemos considerar as actividades de mantemento dos parques como un servizo empresarial. De feito na maioría dos casos se realiza por compañías sen vínculo de accionariado directo coa promotora, mentres que a xestión e administración dun parque encádrase con facilidade dentro do usualmente aceptado como actividade empresarial.
- Por último, o índice usado para a determinación do emprego indirecto no sector industrial é o correspondente ó da industria manufactureira, que determina a creación de 2,62 postos indirectos por cada un directo.

Para obter un índice de emprego indirecto xerado no sector eólico de Galicia se realiza a media anual da ocupación indirecta creada, establecendo como un multiplicador do emprego o valor 2,039. Desta maneira estimamos, para calquera exercicio, o número de postos indirectos propiciados na economía galega.

Xeración de emprego indirecto
2000
2001
2002
2003
2004
Total
2.313
4.323
4.203
3.767
3.396

A modo de conclusión, o sector eólico converteuse nunha boa alternativa para a reconversión dun grande número destes empregos antes vinculados á construción naval, en permanente crise. Sirva como exemplo o caso de Izar, cunha diversificación de actividades cara o campo eólico que aliviou en boa parte as tensións laborais do estaleiro ferrolán. Favoreceu a creación de 1.850 postos de traballo directos e 3.770 indirectos, a maior parte deles na comarca de Ferrolterra.

Impulsada por un investimento que representa o 1,65% do total realizado en Galicia, e por un ritmo de creación de empregos estruturais directos do 12%, a xeración eólica vai camiño de se converter nun referente importante da economía galega, ó mesmo nivel que o foi, ata hai pouco, o sector da construción naval.

Asociación Eólica de Galicia
¿Quere saber máis de nós?  
c/ Hórreo, 44 - 3º - 15702 Santiago de Compostela - España
Teléfono: 00 34 981 587 515 Fax: 00 34 981 555 380
Web design by Serviweb