Datos do sector
Galicia consome o 63% da enerxía eléctrica total que produce. O parque eólico galego cobre o 21% do consumo doméstico. O parque de enerxías renovables, incluíndo a enerxía hidráulica e solar, cobre o 52% da demanda da comunidade.

Datos do sector /

Aluguer de terreos

As comunidades ou particulares propietarios de terreos susceptibles de se converter en parques aparecen tamén beneficiadas polas inversións eólicas. Reciben una renda anual –dependendo do número de aeroxeradores que alberguen- que supera con creces a que percibían se a superficie se dedicase a outro uso.

A experiencia adquirida por empresas promotoras indica que os propietarios dos terreos precisos para os parques optan, segundo a zona e o momento, pola venta ou polo aluguer. As compañías veñen cumprindo no posible as preferencias que manifesta a propiedade. Non obstante, a predilección non sempre é xuridicamente posible, se os parques están instalados en montes comunais ou en terreos de similar condición, onde só o aluguer, pero non a venda, resulta admisible. E por iso se explica que o réxime de arrendamento de terreos siga a ter unha importancia relevante no proceso orientado á dispoñibilidade de superficie.

Por último, hai outros sectores da economía local que tamén se beneficia das construcións, como os concellos, que perciben en concepto de licenza municipal de obras entre 6.000 e 6.300 euros, cunha media por parque de 6.141 euros. Ademais deste ingreso puntual, os concellos benefícianse das entradas recorrentes obtidas a través dos impostos como o IAE (da orde de 332,21 euros por GWh-ano) e o IBI.

Rendemento dos terreos en Galicia
Aluguer parques eólicos
Forestal común
Forestal zonas elevado potencial eólico
Gandeiro
90.000 €
18.000 €
4.500 €
6.000 €


As xestións de terreos son un factor crucial para o desenvolvemento dos parques eólicos e o seu grao de aceptación social. Os parques eólicos ocupan superficies reducidas se ben distribuídas lonxitudinalmente, polo que a alta parcelación que existe en Galicia afecta, en ocasións, a numerosas fincas que quedan baixo o mesmo proxecto.

A instalación dos muíños e outros equipos faise en réxime de pleno dominio. Existen unhas superficies en réxime de servidume como voo de pas… Estímase que a afección global por aeroxerador é aproximadamente dunha hectárea, tendo en conta accesos, etc…

A tendencia actual ó colocar máquinas de maior potencia é de incrementar a superficie por máquina, mentres que se reduce a superficie por megavatio.

Ecyr

Os terreos poden ser comprados ou alugados ós donos, polo que existen dúas clases de relación contractual:

- Contratos de compravenda: Adquírense en propiedade os terreos do parque, realizando un único pago pola compra.
- Contratos de arrendamento:
– Formalízase un contrato por un período igual á vida do parque.
– Realízase un pago anual en concepto de aluguer, que pode ser con prezo fixo ou vinculado á produción.

Os usos habituais en zonas de implantación son forestal e gandeiro non estabulado, cuxos rendementos soen ser baixos. Para uso forestal reporta 700 euros por hectárea ó ano, mentres que o gandeiro 250 euros por hectárea ó ano.

Co parque eólico, o terreo adquire un novo uso de maior rendemento e compatible cos existentes. A retribución media sitúase entre 3.000 e 5.000 euros por aeroxerador ó ano. O rendemento por hectárea é aproximadamente de 3.500 euros ó ano.

A porcentaxe de acordos amigables no desenvolvemento de parques eólicos en Galicia é elevado. Como instalación eléctrica, os parques eólicos son declarados de utilidade pública. A expropiación permite resolver problemas puntuais de ocupación (descoñecemento de propietarios, títulos contraditorios ...)

Como situación actual, desde un principio o propietario percibe o parque eólico como un maior valor do terreo compatible cos seus usos anteriores. A errónea percepción sobre a rendibilidade dos parques eólicos derivou, en ocasións, en expectativas retributivas desproporcionadas. A política retributiva por ocupación de terreos debe ser xusta, transparente e sostible.

 

Asociación Eólica de Galicia
¿Quere saber máis de nós?  
c/ Hórreo, 44 - 3º - 15702 Santiago de Compostela - España
Teléfono: 00 34 981 587 515 Fax: 00 34 981 555 380
Web design by Serviweb