Quen somos
Galicia consome o 63% da enerxía eléctrica total que produce. O parque eólico galego cobre o 21% do consumo doméstico. O parque de enerxías renovables, incluíndo a enerxía hidráulica e solar, cobre o 52% da demanda da comunidade.

Quen somos /

Historia

A Asociación Eólica de Galicia fundouse en 1997 por iniciativa de dez empresas que constitúen o 90% da promoción eólica en Galicia.

Esta unión empresarial pretende reforzar a presenza do sector eólico galego no panorama nacional e internacional, así como a creación dun marco normativo serio e responsable que se axuste ás necesidades económicas e medioambientais de Galicia.

A EGA convértese nun referente para promotores e cidadáns pola súa responsabilidade social corporativa, baseada na protección do medio ambiente e un desenvolvemento industrial e económico sostido. Ademais aposta pola creación de postos de traballo e a diversificación do subministro de enerxía a través de novas infraestruturas estables.

O primeiro presidente da EGA foi Pablo Fernández Castro, posto que asumiu despois Luis Caamaño Martínez. En 2005 foi Manuel Pazo Paniagua, relevado en 2007 por Manuel Gago Rodríguez., quen continúa tras a reelección en 2011. Jorge Fernández-Gayoso Mediero consta como vicepresidente, José María Cabezas Prado como tesoureiro e como vogais: José Toja Parajó, José Luis Guerra Vázquez, Alberto Sánchez Fernández, Iván Nogueira Pérez, Juan Barreiro Grandío e Manuel Pazo Paniagua.

A potencia total instalada ese mesmo ano polo conxunto de membros da asociación é de 2.414,92 megavatios (MW) repartidos polas catro provincias galegas. A Xunta de Galicia fixou como obxectivo acadar un incremento de potencia ata os 6.500 MW a instalar antes de 2010.

Asociación Eólica de Galicia
¿Quere saber máis de nós?  
c/ Hórreo, 44 - 3º - 15702 Santiago de Compostela - España
Teléfono: 00 34 981 587 515 Fax: 00 34 981 555 380
Web design by Serviweb