Galicia é a cuarta potencia eólica de Europa –considerada por si mesma-, por detrás de Alemaña, resto de España e Dinamarca, e a sexta do mundo, precedida tamén por Estados Unidos e India.
En 2007, a potencia total xestionada polo conxunto de socios da Asociación Eólica de Galicia (EGA) acadou os 2.414,92 megavatios (MW).
Ata 2010 a Administración autonómica marcouse como obxectivo instalar ata 6.500 MW, 2.500 máis dos inicialmente previstos.
Dende 1996 o sector investiu 2.500 millóns de euros. Ó abeiro desta cantidade consolidouse un poderoso tecido industrial de fabricación de compoñentes. En 2007, a enerxía eólica sostivo en Galicia 5.500 empregos de carácter estable, entre directos e indirectos.
|